Bun Venit – Itinerarios

Nikolai

Bun Venit – Itinerarios é un proxecto de acollida e de acceso aos dereitos de cidadanía das persoas estranxeiras que chegan a Vigo e a Galicia.

O proxecto pretende avanzar no proceso de inclusión social dando prioridade ao aspectos clave da inclusión social:

  • Inclusión social activa (protección social, definición de obxectivo profesional e plan de carreira laboral, competencias básicas, habilidades sociais, competencias clave, formación para o emprego, busca activa de emprego e intermediación)
  • Acceso á vivenda
  • Intervención socioeducativa
  • Intervención socio sanitaria en contextos de pobreza, exclusión social e diversidade cultural

En todas estas cuestións será necesario atender de forma particular á perspectiva de xénero, dadas as desvantaxes existentes que acumulan as da poboación xeral e os roles de carácter cultural.

Este é o principal proxecto da Asociación Diversidades, e ven desenvolvéndose desde 2013 en coordinación con outras entidades de iniciativa social e cos servizos sociais comunitarios do Concello de Vigo.

Conta co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.