Mediación

Obradoiro de Mediación no Toural - Vilaboa

Que é o programa “Bun Venit 2017 – Mediación”?

O Programa “Bun Venit 2017 – Mediación” propón dúas líneas principais, por un lado a Mediación Intercultural en todos os ámbitos (social, educativo, legal, administrativo…etc), e por outro, a Sensibilización para a integración efectiva de todas as persoas, así como a prevención e resolución de conflitos e dificultades.

Que achega este programa?

Poñemos a disposición da cidadanía, a administración pública e as empresas privadas, mediadores e mediadoras con experiencia de forma gratuíta. E impartimos talleres sobre Interculturalidade adaptados as necesidades do solicitante.
Só e necesario poñerse en contacto con nos por teléfono ou correo electrónico. Estudiaremos o caso e daremos unha resposta o máis
axiña posible. A continuación facilitamos algúns exemplos dos distintos tipos de mediación:

  • Mediación intercultural en contextos educativos: Os centros educativos estan a representar cada vez mais a pluriculturalidade das nosas sociedades actuais. Estos cambios tan rápidos fan que ás veces os actores principais (profesorado, dirección, familias e alumnado) atopen dificultades á hora de relacionarse uns cos outros ou de xestionar distintas situacións. Interviríamos nestes contextos na procura de entendemento e acordo das partes.
  • Mediación intercultural en contextos sanitarios: Moitas veces as persoas usuarias do servizo de saúde, así como os propios profesionais, atopan barreiras á hora de entenderse ou atopar a mellor actuación segundo as necesidades e características culturais de cada persoa. Nos facilitaríamos este proceso a través da mediación coas partes.
  • Mediación intercultural en trámites administrativo-legais: Tanto persoas usuarias como profesionais dos ámbitos administrativos e legais atopan ás veces dificultades á hora de entender ou explicar os procesos ou actuacións a levar a cabo. Dende a mediación actuaríamos como facilitadores nesta comunicación.
  • Mediación intercultural en contextos sociais, busca de vivenda e emprego: Relacionarse nunha sociedade que non é a nosa de orixe pode ser difícil ao principio, a busca de vivenda ou traballo pode parecer unha tarefa complicada. Desde Diversidades buscamos facilitar estes procesos apoiando o entendemento dos actores involucrados.