Qué é o proxecto Malala?

Trátase dun servizo de asesoramento xurídico especializado tanto en materia de extranxeiría, coma en negocios e actos xurídicos que nos acompañan ao longo da vida.

Podes asesorarte de maneira gratuíta en materias como:

  • Trámites coa Administración Pública (obtención da Tarxeta Sanitaria, solicitude de axudas económicas, etc)
  • Asesoramento en casos de violencia de xénero.
  • Solicitudes de Protección Internacional: refuxio, asilo e recoñecemento da condición de apátrida
  • Reagrupación familiar.
  • Retorno voluntario asistido ao país de orixe.
  • Emigrantes españois retornados.
  • Solicitude ou renovación da autorización de residencia e traballo (por arraigo, por motivos humanitarios, etc)
  • Nacionalidade (obtención, trámites)
  • Tratamento de infraccións e sancións en diferentes ámbitos.
  • Acceso ao mercado laboral (trámites para traballar por conta propia, traballo por conta allea).
  • Dúbidas en materia inmobiliaria: contratos de arrendamento.
  • Homologación e convalidación de títulos e documentos oficiais.

Además de asesoramento, ofrecemos un servizo de conciliación e acompañamento. O noso obxectivo é axudarte a resolver os trámites aos que teñas que facer frente para desfrutar dunha residencia legal e segura en España.