O proxecto “Reitoral de Sabaxáns” pretende dar oportunidades ás persoas e ao territorio mediante a implantación dunha empresa de inserción que sirva de instrumento de cambio na estructura produtiva: Acolle EIL SL
Obxetivo principal
Facer produtivos terreos que quedaran ermos (improdutivos), mediante a participación de persoas que quedara improdutivas (paradas de longa duración); e de crear cohesión social a través do proceso produtivo e dos posibles procesos de distribución, comercialización ou creación de novos servizos no territorio.
Desenvolvemento
Creación dunha empresa de inserción
As empresas de inserción laboral son sociedades mercantís ou sociedades cooperativas que realicen calquera tipo de actividade económica de produción de bens ou de prestación de servizos e cuxo obxecto social teña como finalidade a integración e a formación sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social, actuando como espazo de tránsito ao emprego común.
Reforzo do cooperativismo
Crearase unha base de datos de produtores de alimentos dos concellos de Mondariz e Covelo, xestionarase a creación dun banco de terras dispoñibles para o seu cultivo. Realizaranse accións de promoción do cultivo das terras actualmente improductivas. Fomentarase o asociacionismo de persoas produtoras.
Mellora da comercialización
É necesario dotar de contidos e dun formato adecuado ao espazodispoñible, así como dispor de maior presencia nas canles de comercialización de produtos ecolóxicos a nivel comarcal. Habilitaranse iniciativas específicas para unha maior presenza a través de Internet.
Transporte, comunicación e accesibilidade
Abordar os problemas de mobilidade pasa por combinar os medios de transporte individuais cos colectivos, as liñas regulares coas de transporte escolar, transporte de traballadores cara a outros núcleos de poboación e utilización colectiva do transporte individual mediante o uso das novastecnoloxías..
Vinculación cos servizos públicos
Acordos para a distribución da produción ecolóxica nos comedores dos Centros Educativos de Ou Covelo e Mondariz, na Residencia de 3ª Idadede 0u Covelo e nos centros sociocomunitarios. Posta en marcha do servizo Xantar na Casa.