O servizo Xurídico
O obxectivo da Asociación Diversidades é establecer un Servizo Xurídico integral e permanente para persoas migrantes tanto en situación regular como irregular, que contemple a información e asesoramento técnico especializado respecto dos trámites que teñen que ver coa estranxeiría e outras cuestións relacionadas coa situación administrativa: Nacionalidade, Protección Internacional, etc. Tamén ofrecemos asistencia para afrontar outros trámites máis aló da mera regularización administrativa: Dereito da Saúde, Dereito Laboral, vivenda, acceso ao padrón municipal, trámites administrativos (homologación de estudos, carné de conducir), acceso a Contas Básicas de Pago, e incluso respecto a outros procesos xudiciais derivados de outras situacións.
A poboación inmigrante presenta en maior ou menor medida un descoñecemento do funcionamento da nosa sociedade e do entramado institucional do noso Estado; isto xunto ás barreiras culturais e á barreira lingüística, atópanse en multitude de ocasións detrás da incapacidade para resolver estas cuestións de maneira independente, ou de atopar os recursos adecuados pola súa conta.
A nosa satisfacción como entidade atópase no feito de dotas ás persoas migradas da independencia que trae consigo o coñecemento, para que se poida dar unha verdadeira liberdade de elección e de actuación que, á súa vez dará como froito un proceso de integración eficaz, completo e exitoso.
Sempre desde a óptica dunha inclusión activa e non meramente administrativa, a través da cal os e as migrantes poidan posicionarse coma cidadáns de pleno Dereito e acceder aos seus dereitos e obrigas dentro da sociedade galega que acolle
Método
A METODOLOXÍA do Servizo de Asesoramento e Acompañamento Xurídico articúlase da seguinte maneira:
- Análise da situación administrativa, circunstancias familiares e motivo migratorio.
- Análise da demanda plantexada.
- Deseño de un plan de acción.
- Acompañamento e seguimento do caso.