Memoria 2016

Memoria 2016

Presentación

O ano 2016 serviu para que a Asociación Diversidades dese un gran paso adiante nos ámbitos de prestación de servizos ás persoas, no desenvolvemento organizativo, e no financiamento.
Na prestación de servizos ás persoas, multiplicouse o número de persoas participantes nas diferentes accións, o número de participantes nos cursos e o número de insercións laborais. Incrementouse de forma significativa o número de nacionalidades e colectivos sociais atendidos, progresouse no ámbito da igualdade de xénero e na sensibilización para a igualdade de trato e de oportunidades.
No desenvolvemento organizativo destaca o acceso a un novo local, con maiores posibilidades para a atención ás persoas e para o desenvolvemento de accións formativas. Tamén a ampliación do equipo humano, tanto na atención directa como na formación, e a consolidación do voluntariado.
No financiamento pasamos dun balance consolidado de 36.159,93€ en 2015 a un balance provisional de 117.999,35€. Unha parte dos ingresos e gastos corresponderían ao anterior ano natural, pero os compromisos de financiación logrados durante o ano 2016 superan con creces esas cantidades.

Diversidade de procedencias

Poboación Española
Poboación romaní española

Poboación nacional da Unión Europea

Bulgaria
Francia
Polonia
Portugal
Romanía

Poboación de fóra da Unión Europea

Alxeria
Angola
Bangladesh
Bolivia
Brasil
China
Colombia
Cuba
Ecuador
Ghana
Guiné Bissau
Marrocos
México
Moçambique
Nixeria
Paquistán
Perú
Rusia
Sahara Occidental
Senegal
Serra Leona
Togo
Ucraína
Uruguai
Venezuela

Durante o ano 2016 incorporáronse un total de 15 nacionalidades novas, pasando de 15 a 30 nacionalidades diferentes (cun incremento do 100%). Ademais, hai que destacar a continuidade na atención á poboación xitana, tanto española como estranxeira.

Avaliación de obxectivos

Os principais obxectivos da intervención eran os seguintes:

  • Incrementar o número de persoas participantes nos nosos programas e servizos.
  • Mellorar a empregabilidade e reforzar a inserción sociolaboral
  • Promover a paridade de xénero
  • Sensibilizar en materia de igualdade de trato e loitar contra a discriminación

Facendo un balance dos indicadores de resultado dispoñibles, hai que considerar que se cumpriron todos eles:

Incrementar o número de persoas participantes nos nosos programas e servizos

A finais de 2015 pasamos de ter un equipo de intervención centrada na Inclusión Social a un enfoque baseado na inmigración. Daquela, as persoas de alta eran a finais do ano pasado 68. A finais de 2016 eran un total de 177, cun incremento do 160%.
Desta maneira, o número de persoas participantes acumuladas a finais de 2016 supera xa ás correspondentes ao período 2013-2015.

Mellorar a empregabilidade e reforzar a inserción sociolaboral

Os primeiros anos de intervención arredor de obxectivos sociolaborais deixaran uns resultados escasos, sen necesario incidir nos elementos básicos de empregabilidade. En 2015 xa se producira un importante avance na inserción laboral. E 2016 foi un ano en que se duplicaron as contratacións, así como os proxectos de autoemprego das persoas participantes nos nosos servizos.

Promover a paridade de xénero

Hai varios indicadores que reforzan os logros en paridade de xénero. O principal é que de 177 persoas, 83 son homes e 94 son mulleres.
No proxecto de igualdade participaron 28 mulleres. Tamén no curso de Lingua e Cultura Española participaron 12 mulleres.
Nos cursos de Competencias Clave Nivel 2 para persoas adultas, a maioría son mulleres, chegando a 14 mulleres para 2 homes na quenda 2016-2017.
Sen embargo, aínda queda un camiño por andar nos cursos de Sociedade de Acollida, cunha maioría de homes en ambas convocatorias.
Comentario a parte merece o Proxecto Pregatirea Maine, porque o número de homes supera con creces ao de mulleres, pero isto é debido a que o abandono escolar prematuro é moito máis elevado nos homes. O reto é ofrecer un seguimento escolar que permita garantir a continuidade nos estudos das nenas inmigrantes con problemas de desigualdade de xénero.

Sensibilizar en materia de igualdade de trato e loitar contra a discriminación

Aínda que non chegamos a despregar unha estratexia específica de recollida de casos de discriminación, a posta en marcha do programa Bun Venit – Mediación, no seu apartado de sensibilización, así como o desenvolvemento das accións en centros educativos dos proxectos Pregatirea Maine e Conecta Cultura permitiron chegar a un público amplo, tanto de poboación escolar como de responsables de servizos públicos, tanto de policía, como de servizos de saúde ata os servizos sociais e as administracións do Estado.

Memoria dos Proxectos

Educación

O Toural 2016

Nome do programa: Intervención socioeducativa “Convivencia, expectativas educativas e éxito escolar en Vilaboa 2016”.
Obxectivo: Facilitar o éxito escolar das persoas xitanas do CPI Vilaboa e a súa normalización educativa en relación co conxunto da comunidade escolar.
Lugar de realización: CPI O Toural de Vilaboa
Data de Inicio: 11/01/2016
Data de finalización: 30/06/2016
Participantes totais: 232 Persoas
Resultados obtidos: Facilitouse o acceso desde o Centro Educativo ás familias xitanas para a abordaxe de diferentes problemas de conducta e tamén de aprendizaxe.
Financiador: CPI O Toural de Vilaboa

Conecta Cultura

Nome do programa: Conecta Cultura.
Obxectivo: Ofrecer un marco de reflexión e acción que dote a profesores e alumnos de ferramentas didácticas para a abordaxe positiva da multiculturalidade existente en cada centro para así convertela en interculturalidade.
Lugar de realización: IES Valadares, IES Carlos Casares (Viana do Bolo), CPI O Toural de Vilaboa, CEIP Paradai (Lugo)
Data de Inicio: 01/09/2016
Data de finalización: 23/12/2016
Resultados obtidos: Realizouse a formación do profesorado participante, cunha boa acollida do proxecto de educación intercultural.
Organizador: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Financiador: Consellería de Política Social – Xunta de Galicia

Mediación entre iguais

Nome do programa: Mediación entre Iguais no CPI O Toural 2016-2017.
Obxectivo: Formar ao alumnado, profesorado, pais e persoal non docente, para ser mediadores de conflitos no propio centro educativo, ofrecendo as ferramentas necesarias para a resolución pacífica de conflitos.
Lugar de realización: CPI O Toural de Vilaboa
Data de Inicio: 23/10/2016
Data de finalización: 19/12/2016
Participantes totais: 42 Persoas
Resultados obtidos: Preparáronse as persoas seleccionadas para a formación mediante sesións conxuntas onde participaba tanto o persoal docente coma non docente cos alumnos creando unha conexión entre os futuros mediadores do centro.
Financiador: CPI O Toural de Vilaboa

Inclusión

Bun Venit 2016

Nome do programa: Itinerarios de Inclusión Social “Bun Venit”.
Obxectivo: Contribuír á mellora da situación social e da inserción laboral das persoas recén chegadas á nosa sociedade a través da acollida, o acompañamento, a orientación, a formación e a mediación intercultural.
Lugar de realización: Vigo
Primeira Xeira: 01/01/2016 – 31/03/2016
Segunda Xeira: 01/04/2016 – 30/11/2016
Participantes totais: 100 Persoas
Resultados obtidos: 100 participantes activos. 60 itinerarios de inclusión. 19 Insercións laborais.
Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo

Bun Venit Mediación

Nome do programa: Mediación “Bun Venit”.
Obxectivo: : Favorecer a integración social intervindo na sociedade de acollida e a sociedade de orixe estranxeira empregando a educación e sensibilización dende unha perspectiva intercultural, participativa e inclusiva.
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 01/04/2016
Data de finalización: 30/11/2016
Participantes totais: 85 Persoas
Resultados obtidos: Impartíronse diferentes talleres e sesións de sensibilización tanto a alumnas/os de centros educativos como a profesionais de diversos sectores.
Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo.

Bun Venit Competencias Clave 2016

Nome do programa: Formación “Bun Venit” Competencias – Clave.
Obxectivo: Ofrecer unha formación básica a aquelas persoas sen formación mínima recoñecida e paradas de longa duración en risco de exclusión social, mellorando así a súa posibilidade de inserción laboral.
Lugar de realización: Vigo
Primeira Xeira: 11/01/2016 – 21/05/2016
Segunda Xeira: 03/10/2016 – 22/12/2016
Participantes totais: 34 Persoas
Resultados obtidos: Impartíronse clases das competencias que se esixen no exame oficial de “Competencias Clave” mellorando a media de asistencia respecto ao ano anterior.
Nos exames do 21 maio en Silleda, un total de 14 persoas conseguiron superar diferentes probas das Competencias Clave Nivel 2 e foron 2 as persoas que aprobaron as Competencias Clave Nivel 3.
Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo

Bun Venit Formación 2016

Nome do programa: Bun Venit Formación para a inclusión social 2016.
Obxectivo: Ofrecer unha formación básica a aquelas persoas sen formación mínima recoñecida e paradas de longa duración en risco de exclusión social, mellorando así a súa posibilidade de inserción laboral.
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 01/04/2016
Data de finalización: 22/12/2016
Participantes totais: 46 Persoas
Resultados obtidos: Impartíronse clases das competencias que se esixen no exame oficial de “Competencias Clave” mellorando a media de asistencia respecto ao ano anterior.
Financiador: Deputación Provincial de Pontevedra

Drum Bun 2016

Nome do programa: Drum Bun – Itinerarios formativo laborais 2016.
Obxectivo: O noso proxecto pretendeu dar prioridade ao desenvolvemento de itinerarios individuais de inclusión social mediante a participación en accións formativas específicas que supuxeron o desenvolvemento de competencias persoais, sociais e curriculares funcionais na súa vida diaria e que facilitaron a súa aproximación ao mercado de traballo.
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 01/04/2016
Data de finalización: 28/10/2016
Participantes totais: 28 Persoas
Resultados obtidos: 28 persoas recibiron formación propia; 22 participaron en formación AFD ou en obradoiros de busca de emprego; 11 persoas acadaron unha inserción laboral.
Financiador: Concello de Vigo

Sociedade de Acollida 2016

Nome do programa: Formación Sobre a Sociedade de Acollida.
Obxectivo: Ofrecer os coñecementos básicos da nosa sociedade e lingua a persoas inmigrantes coa finalidade de mellorar a súa integración social.
Lugar de realización: Vigo (Parroquia do Sagrado Corazón)
Primeira Xeira: 11/01/2016 – 17/03/2016
Segunda Xeira: 19/09/2016 – 25/11/2016
Participantes totais: 30 Persoas
Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo
Resultados obtidos: Duplicouse o número de participantes no curso, permitindo unha maior variedade cultural que resultou ser moi positiva á hora de relacionarse na nosa lingua, mellorando significativamente o grao de fluidez oral dos participantes.

Pregatirea Maine 2015 – 2016

Nome do programa: Pregatirea Maine.
Obxectivo: Ofrecer un marco de reflexión e acción que posibilite a resolución de conflitos no ámbito escolar, fomentando a continuación no ámbito educativo e prantexando o establecemento de proxectos persoais, tanto laborais como formativos.
Lugar de realización: Vigo – Cangas
Data de Inicio: 12/01/2016
Data de finalización: 31/03/2015
Participantes totais: 625 Persoas
Resultados obtidos: Desenvolvéronse sesións de sensibilización a menores, pais, profesorado e centros educativos sobre aspectos de convivencia, resolucións de conflitos, prevención de abandono escolar prematuro, acoso escolar e fomento da igualdade de xénero.
Financiador: Xunta de Galicia (Consellería de Política Social).

Pregatirea Maine 2016 – 2017 Escola de segunda oportunidade

Nome do programa: Pregatirea Maine.
Obxectivo: Ofrecer unha segunda oportunidade de formación a aqueles adolescentes que abandonaron prematuramente o sistema educativo e que se atopan con dificultades para a inserción laboral. E ofrecer ao mesmo tempo unha atención personalizada de aqueles menores que presentan unha situación de vulnerabilidade e risco de fracaso escolar e abandono prematuro do sistema.
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 1/04/2016
Data de finalización: 30/11/2016
Participantes totais: 14 Persoas
Resultados obtidos: Creación dun curso para a preparación das competencias clave de rapaces con diversidade cultural e cunha asistencia significativa.
Financiador: Xunta de Galicia (Consellería de Política Social).

Igualdade

Am Drepturi 2016

Nome do programa: Am Drepturi.
Obxectivo: : Facilitar a socialización das mulleres inmigrantes residentes na cidade de Vigo a través da mellora das súas competencias lingüísticas en Español
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 15/01/2016
Data de finalización: 30/09/2016
Participantes totais: 28 Persoas
Resultados obtidos: 9 mulleres inactivas comezaron a buscar traballo, 5 mulleres integráronse en sistemas de formación ou educación, 2 obtiveron unha cualificación e un total de 5 conseguiron un emprego.
Financiador: Secretaría Xeral de Igualdade – Xunta de Galicia

Español 2016

Nome do programa: “Bun Venit” Lingua Española para Mulleres Estranxeiras.
Obxectivo: : Facilitar a socialización das mulleres inmigrantes residentes na cidade de Vigo a través da mellora das súas competencias lingüísticas en Español
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 15/01/2016
Data de finalización: 2/06/2016
Participantes totais: 12 Persoas
Resultados obtidos: A mellora das competencias lingüísticas permitiu, no caso de dúas participantes, a inserción laboral. Favoreceu ó desenvolvemento da vida cotiá. Adquirir e coñecer as habilidades sociais da nova cultura facilitou a comprensión do entorno a nivel lingüístico e cultural. Fomentou a ilusión e a seguridade para mellorar a convivencia. E en xeral na creación de lazos de autoaxuda dentro do grupo, partindo do seu empoderamento para acadar as metas previstas.
Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo

Obradoiro Am Drepturi

Nome do programa: Am Drepturi.
Lugar de realización: Vigo
Obxectivo: Mellorar a calidade de vida das mulleres inmigrantes axudándoas a xestionar os conflitos relacionados co xénero e a identidade cultural, empoderándoas para que cheguen a ser protagonistas da súa propia vida.
Data de Inicio: 19/09/2016
Data de finalización: 25/11/2016
Participantes totais: 16 Persoas
Resultados obtidos: A valoración xeral é que as mulleres participantes teñen un mellor coñecemento dos seus dereitos no marco cultural e xurídico da sociedade de acollida.
Financiador: Concellería da muller – Concello de Vigo

Cidadanía

Voluntariado 2016

Nome do programa: Programa de voluntariado.
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 2/01/2016
Data de finalización: 30/12/2016
Participantes totais: 8 Persoas
Parceiros: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, hacesfalta.org