Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro conmemorase a nivel internacional o Día da Muller e a Nena na Ciencia ca finalidade de incentivar o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e nenas na ciencia. Pretende servir como empoderamento de mulleres e nena e como recordatorio de todas as aportacións que estas mesmas teñen feito a longo da historia de forma que nos aproximemos cada vez máis a igualdade de xénero.

No centro de Protección Internacional de Tui decidimos conmemorar este día a través de varias actividades. Unha primeira na que visibilizar a múltiples mulleres que ao longo da historia se dedicaron de forma moi exitosa á ciencia e inventaron obxectos e produtos básicos para o noso día a día no centro:

Colocamos os carteis con cada un dos inventos no lugar do noso centro onde o podemos atopar:

Por outra parte e para finalizar a xornada, tivemos a sorte de contar coa presenza de Marta Pérez Martínez e Elena Couñago Sánchez da Asemblea Feminista Paxaretas quen a través dunha teleconferencia fixeron un percorrido polas aportacións científicas de diversas mulleres ao longo da historia ata acabar relatando a sus propias vivencias e logros dentro do mundo da Ciencia.

Día Internacional contra o Cancro

O 4 de febreiro conmemórase internacionalmente o DÍA CONTRA O CANCRO co obxectivo de visibilizar e crear concienciación sobre unha problemática global que afecta a millóns de persoas ao ano.

No Centro de Protección Internacional de Tui tomamos parte na campaña internacional  #YoSoyYVoyA difundindo a mensaxe e tratando de crear sensibilización no propio centro:

Prestamos especial interese aos factores de risco modificables xa que son sobre os que podemos intervir. Coidar a alimentación, controlar o consumo de alcohol e tabaco e realizar actividade física son accións que todas as persoas, en maior ou menor medida, podemos controlar e que terán un gran impacto positivo na nosa saúde xeral e na prevención do cancro en particular.

Día Internacional dos Dereitos Humanos

Con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos que se celebra o 10 de decembro para conmemorar que nese mesmo día de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, realizouse un obradoiro a cargo das persoas usuarias do Centro de Acollida de protección internacional.

Nesta charla tivemos a oportunidade de coñecer que son os Dereitos Humanos, a súa historia e características, así como varios exemplos que nos permitiron reflexionar e debater sobre este asunto.

Curso Creación de Empresas

O 4 de decembro foi o último día do Curso de Creación de Empresas no Centro de Solicitantes de Protección Internacional de Tui da Asociación Diversidades, grazas ao profesor Óscar González e á implicación das persoas participantes, puidemos gozar da presentación de interesantes proxectos de emprendemento.

Comezo das festividades de Nadal no Centro de Tui

Coa chegada do mes de decembro no Centro de Tui comezamos coas preparacións e celebracións das festividades de Nadal.

Neste centro conviven persoas de moitos lugares que traen consigo tradición e costumes diversas, isto significa que as festividades de Nadal aquí estenderanse durante mes e medio, dende o primeiro de decembro ata mediados de xaneiro.

A primeira celebración xa tivo lugar o día 1 de decembro no que demos a benvida ao Nadal cunha comida típica de Venezuela elaborada polos/as propios/as usarios/as na que tivemos a sorte de degustar tres platos típicos do Nadal neste país: pan de xamón, hallacas e ensalada de galiña. Foi un momento diferente e distendido que permitiu que todas as persoas que viven no centro máis todas as persoas que conformamos o equipo puideramos coñecer máis das orixes e costumes dos demais, todo acompañado pola  exquisita comida e acolledor ambiente aportado pola decoración elaborada especialmente para esta celebración.

Para proseguir coas preparacións das vindeiras festividades continuamos coa decoración do Centro na que entre todos e todas tratamos de engalanar os espazos comúns para crear un ambiente de festividade, calidez e celebración.

Para iso elaboramos manualmente e con materias reutilizados algunhas decoracións que despois distribuímos polo centro, a maiores doutros adornos tradicionais que xa tíñamos e algúns outros que foron doados.

BO NADAL!

Decorando a árbore de Nadal

Diversidades Acolle cumpre 8 anos

Diversidades nace o 6 de decembro de 2012 co obxectivo de atender os retos da diversidade cultural e da migración, co obxecto de contribuír a crear unha sociedade aberta, inclusiva e tolerante.

Nos primeiros tempos prestamos os nosos servizos nos colexios e nunha pequena oficina no número 9 da rúa Velázquez Moreno, en Vigo.

O 2 de agosto de 2016 comezamos unha nova andaina na nosa oficina actual, en García Barbón 36, 3º.

O 11 de xuño de 2017 a Asociación Diversidades intégrase en Red Acoge, federación de entidades pro-inmigrantes, pasando a denominarse Diversidades Acolle.

En decembro de ese mesmo ano, Diversidades Acolle pasa a integrar a Asociación Española de Escolas de 2ª Oportunidade, como membro do sector educativo.

No segundo semestre de 2018, Diversidades Acolle reorganiza os seus servizos para darlle a súa configuración actual.

O 18 de maio de 2020 abriu as súas portas o noso Centro de Acollida de Familias Refuxiadas de Tui. Con este novo centro cúmpríase un dos soños da nosa organización desde outono de 2015, cando a morte de Aylan Kurdi conmovera a conciencia de todas as persoas de ben, en plena crise humanitaria pola atención ás persoas que fuxían do conflito de Siria.

Hoxe, a Asociación Diversidades Acolle cumpre 8 anos e pretende seguir apostando por unha sociedade aberta, inclusiva e tolerante en medio da pandemia mundial da COVID-19.

Pasaporte e formulario de acollida

Novidades sobre o programa Acollida

A colaboración horizontal entre distintas entidades supón apostar por un diagnóstico multidisciplinar da nosa sociedade. Seguindo esta máxima, iniciamos hai un tempo un proxecto común con LIMSI, de Xinzo de Limia e a Asociación Os Tres Reinos da Mesquita.

Trátase dun programa no que as organizacións colaboradoras expomos actuacións en distintas áreas e ámbitos de Galicia. Desde Diversidades desenvolvemos un plan de Acollida destinado a persoas cun proxecto migratorio, xa sexa procedentes de terceiros países ou retornados ao territorio español.

Neste marco, atendemos a máis de 100 usuarios e usuarias co obxectivo de facilitar a súa plena inclusión social.O proxecto contaba cunha liña de sensibilización de cara aos axentes sociais implicados e, por suposto, outra de atención directa. A través dunha entrevista de acollida desenvolvéronse itinerarios en función das necesidades da persoa.

Acollida ofreceu a todos eles e elas información e acompañamento para posibilitar a súa inserción sociolaboral, mellorar as competencias básicas e as habilidades sociais, reducir as desigualdades entre homes e mulleres e desenvolver a responsabilidade persoal na mellora da saúde e o uso do Sistema Público de Saúde.

Acollida, así como as ramas do proxecto que desenvolveron as entidades colaboradoras, foi posible grazas á participación da Xunta de Galicia coa súa Convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Usuarios/as atendidos/as
Infogram

Xunta de Gañocoa

25 N – Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero levouse a cabo no centro de Tui unha actividade pensada para poñer en común os puntos de vista de todas as persoas residentes e o equipo.

Esta actividade permitiu remarcar a gravidade destes sucesos facendo especial fincapé nas distintas formas de violencia existente (visibles e invisibles) e as respostas que podemos dar ante estas. Poñendo especial valor na importancia de recoñecer e dar resposta a estas situacións en todos os ámbitos da vida.

Sal correndo: que non te mate o silencio

Balance do programa Donas da Cidade

Vigo, 28 de outubro 2020

O pasado día 30 de setembro finalizou a edición 2020 do programa Donas da Cidade, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Participaron un total de 46 mulleres das que 31 tiveron un itinerario completo. O principal resultado do programa foi o empoderamento das mulleres desde o ámbito persoal e desde a perspectiva de xénero.

Participación acto AECC

Saca peito por elas

Vigo, 19 de outubro 2020

O alumando de BROS, despois de traballar na aula sobre o Día Mundial contra o Cancro de Mama, acudiu á Farola (intersección de Príncipe con Colón e Urzáiz), onde a AECC Pontevedra instalou un pequeno posto de información e concienciación sobre esta cuestión. Alí, cos carteis realizados co lema deste ano, “Saca peito por elas”, fixéronse fotos e tiveron a oportunidad de falar co voluntariado e persoas afectadas por esta doenza. Quedamos moi agradecidas a esta institución que nos deu información e que desenvolve un labor tan importante para a nosa sociedade.