Desde a Asociación Diversidades Acolle, iniciamos o curso 2025-2026 cunha ampla oferta de accións formativas pensadas para promover a inclusión, a autonomía e o desenvolvemento persoal e profesional das persoas participantes. Entre o 1 de setembro e o 15 de outubro, darán comezo os seguintes programas:
Todas as formacións están dirixidas a grupos de entre 10 e 20 participantes, e desenvolveranse en formato presencial. Se estás interesado/a en participar ou queres máis información, non dubides en contactar connosco.
👉 Inscricións abertas!
📞 Teléfono: [604 02 82 47]
📧 Correo electrónico: [info@diversidades.org]
🌐 Máis información en: [www.diversidades.org]
Taller formativo sobre o novo arraigo socioformativo, que tamén tratará sobre o antigo arraigo para a formación, para atender ás posibles dúbidas sobre ambos procesos, atender as posibles dúbidas e facilitar a resolución autónoma das posibles incidencias que se poidan producir.
Inscríbete!
Correo: info@diversidades.org
WhatsApp: 604 02 82 47
O 4 de xullo de 2025 ás 12:30 celebramos un Obraroiro sobre Nacionalidade na nosa sede.
Estás pendente de realizar estes trámites e precisas axuda? Podemos orientarte e acomparte. Reserva a túa praza para a próxima edición!
Desde o 20 de xaneiro ata o 15 de abril de 2025, Diversidades ofrece un curso para Neolectores.
Unha formación para quen necesita completar o seu proceso de alfabetización. Se queres aprender os idiomas que se falan en Galicia, reforzar a túa participación cidadá e mellorar as túas habilidades no día a día, consulta máis información.
Desde o 20 de xaneiro ata o 15 de abril de 2025, Diversidades ofrece un curso para Neolectores.
Unha formación para mellorar os coñecementos socioculturais e constitucionais da nosa sociedade . Inclúe unha formación en lingua española para o nivel DELE A2. Ambos requisitos son necesarios para o arraigo ou para superar as probas de nacionalidade .
Desde o 23 de setembro de 2024 desenvolvemos a nova edición do noso curso Competencias Clave Bros, unha formación pensada para facilitar o éxito educativo e profesional de adolescentes e mozas/os en situación de abandono educativo temperancias. Todos os días, de luns a venres, en horario de mañá, de 9:30 a 13:30, ata o 30 de abril de 2025.
Desde o 23 de setembro de 2024 podes participar no noso curso Competencias Clave N2. Os luns, mércores e xoves, en horario de tarde, de 16:30 a 18:30, ata o 30 de abril de 2025.
| Cookie name | Active |
|---|