Expectativa arredor do Curso de Comercio

Category : Categorías , Inclusión

O curso de comercio da Asociación Diversidades desenvolve o nivel 1 do certificado de profesionalidade de auxiliar de Dependente, da familia profesional de Comercio. Como noutras ocasións, a docencia de Elisa Martínez Zúñiga céntrase no desenvolvemento das habilidades sociais para a prestación de servizos. Este enfoque de adestramento de competencias persoais permite a participación de persoas de moi diferentes procedencias, ofrecendo niveis de mellora apropiados á experiencia previa de cada quen. Ademais, pretende ofrecer unha visión práctica dos contidos do Certificado de Profesionalidade.

A expectativa céntrase na actualidade na posibilidade de realizar prácticas non laborais no período do Nadal e as rebaixas de xaneiro, de forma que se complete a formación no posto de traballo.
As próximas semanas resultarán determinantes para poder concretar ese horizonte formativo que anceian os participantes e que é un obxectivo declarado da Asociación Diversidades no enfoque deste curso.

Gran afluencia de participantes no Curso de Competencias – Clave

Category : Categorías , Inclusión

Curso de Competencias - Clave

O curso de Competencias Clave, que comezou o pasado 28 de outubro, e durará ata o 14 de decembro, comezou cunha alta participación e unha forte inquedanza a nivel comunitario, sendo moitas as entidades que enviaron persoas ao mesmo. O curso pretende capacitar aos participantes para poder acudir ás probas de Competencias – Clave, no momento en que sexan convocatas, e poder superar con éxito as materias de Lengua Española, Matemáticas e Sociais, ademais de realizar unha introdución á competencia dixital.


O Leonardo Mobility Project, de novo en Faro de Vigo

Category : Categorías , Convivencia

Leonardo Mobility Project

De novo o Faro de Vigo volve facerse eco da formación realizada entre a Asociación Diversidades e Dual Smart de Brasov, Rumanía, no marco do Programa Leonardo de Mobilidade da Axencia nacional do programa Leonardo de Rumanía. Esta vez o énfase recae nos programas de mobilidade, máis alá do máis coñecido, o Erasmus.


Reportaxe de V Televisión

Category : Categorías , Convivencia

V Televisión emitiu hoxe a reportaxe sobre o programa Leonardo de Mobilidade:
http://www.vtelevision.es/informativosv/2013/10/15/0031_26_190897.htm 

Leonardo Mobility Project tamén en Faro de Vigo

Category : Categorías , Convivencia

Tamén Faro de Vigo recolle a nova da visita a FOANPAS dentro do programa formativo do Proxecto de Mobilidade de S.C. DUAL SMART S.R.L, de Brasov, Rumanía. Destaca o modelo de mediación promovido polas Asociacións de Nais e Pais en Vigo como un modelo a seguir no desenvolvemento de novos proxectos e servizos en Rumanía.

Atlántico Diario faise eco do Programa de Mobilidade

Category : Categorías , Convivencia

Atlántico Diario faise eco hoxe da visita a FOANPAS promovida pola Asociación Diversidades no marco do Programa Leonardo da Vinci de Mobilidade, da Axencia Nacional do Programa Leonardo en Rumanía e xestionada por Dual Smart de Brasov.


Nova andaina do programa Bun Venit

O programa Bun Venit, que tivo unha primeira andaina durante a primavera do presente  2013, volve con forza para o outono, coincidindo coa recepción dun grupo de estudantes de intercambio.
Ademais das accións de mediación coas que se puxo en marcha o proxecto de itinerarios de inclusión, agora éstes van ser reforzados con diferentes accións formativas:

  • Español para estranxeiros
  • Competencias – Clave
  • Comercio 1 (teoría e práctica).

Esta aposta formativa pretende reforzar as capacidades existentes na poboación romanesa de Vigo e facilitar a súa inserción no mercado de traballo.


Un grupo de estudantes rumanos participan nun intercambio con Diversidades

Category : Categorías , Convivencia

A Asociación Diversidades, recibe este mes de outubro un grupo de estudantes do ámbito do Traballo Social e, especificamente, da mediación intercultural. Procedente de Brasov, en Rumanía, o grupo está integrado por seis persoas, cinco mulleres (das que catro son xitanas) e un home. A organización promotora do intercambio é S.C. DUAL SMART S.R.L., de Brasov.