Rendición de contas

A Asociación Diversidades é unha asociación comprometida coa ética e a transparencia no seu exercicio diario, por entender ésta última como a peza fundamental para a consolidación da confianza mutua coa sociedade na que está inserta. É por iso que nesta sección poñemos á disposición de toda a cidadanía a orixe e destino dos nosos fondos, que non teñen outra finalidade mais que contribuir a  fomentar os dereitos e as oportunidades das persoas migrantes e das minorías étnicas, co fin de construír unha convivencia intercultural de respeto para todas e todos.