Fundada en 2012, a Asociación Diversidades Acolle é unha entidade social sen ánimo de lucro que ten por obxecto a promoción dos dereitos e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade cultural, con independencia da súa orixe.
Misión
A nosa misión é transformar a vida das persoas, contribuíndo a unha sociedade máis xusta, igualitaria e equitativa sobre a base do respecto á diversidade, como motor do cambio, do progreso humano e do desenvolvemento social, mediante a concienciación cidadá, a influencia nas decisións políticas e a calidade da nosa intervención social.
Visión
Queremos ser un referente de Galicia no campo das migracións e o asilo, como un axente transformador e independente en favor da xustiza social. Queremos ofrecer oportunidades aos adolescentes e mozos migrantes para poder desenvolver os seus propios proxectos de vida na nosa sociedade. As nosas accións dirixiranse ao desenvolvemento integral das persoas migrantes e asiladas, das súas oportunidades e da súa participación na sociedade. Con perspectiva de xénero, porque a vulnerabilidade social acentúase máis nas mulleres migrantes e asiladas, e un enfoque comunitario apostando así por modelos inclusivos.
Valores
Entendemos que a dignidade da persoa é o centro do noso traballo, o criterio da nosa actuación e o resultado de calquera intervención social e educativa digna de tal nome.
Consideramos que o camiño para a cohesión social pasa pola aprendizaxe e a práctica dos deberes de cada quen e por un acceso pleno ao conxunto de dereitos da cidadanía. Cremos que a liberdade e a responsabilidade van xuntas, e que continuamente debemos aprendelas e ensinalas.
Sabemos que non todo o mundo ten os mesmos dereitos e deberes desde o punto de vista legal, pero apostamos por construír entre todos unha cidadanía universal, partindo das normas de convivencia democrática da nosa sociedade.
Para logralo levamos a cabo diferentes accións encamiñadas a :
- Fomentar a educación, tanto no ámbito formal como no non-formal e o informal, incluíndo a educación social en ámbitos de carácter comunitario.
-
Formar e capacitar, tanto en habilidades básicas e habilidades sociais, como en competencias básicas, a adquisición de diferentes linguas, incluíndo a lingua de signos, a formación en competencias transferibles e en competencias profesionais, incluíndo a certificación da experiencia e as diferentes formas de colaboración entre o tecido produtivo e os sistemas educativos e profesionais.
-
Promover o coñecemento entre colectivos culturais, de recoñecemento da diversidade cultural e de promoción da convivencia.
-
Favorecer a inserción laboral.
-
Fomentar a igualdade de trato e de oportunidades.
-
Superar as barreiras de xénero, desde a violencia ata os estereotipos sociais.
-
Superar as barreiras de comunicación existentes entre persoas e entre colectivos sociais e culturais.
-
Loitar contra a exclusión social e de inclusión social activa.
-
Promover o desenvolvemento comunitario e de empoderamento das persoas.
-
Contribuir á formación dos profesionais, incluíndo aos de educación, sanidade e servizos sociais.
-
Xerar estudos, de investigación e de avaliación das políticas e das liñas de acción encamiñadas á mellora da convivencia e da inclusión social de persoas e colectivos en situación de exclusión ou discriminación.
-
Promover unha cultura da paz, da mediación social e a mediación intercultural.

Poboación destinataria
Destinatarias principais
– Persoas migrantes
– Solicitantes de protección Internacional
– Emigrantes retornadas
– Mulleres vítimas de trata
– Segundas xeracións de persoas migrantes
– Outras persoas con transfundo migrante
Outras persoas destinatarias
– Xente nova en situación de abandono educativo temperán
– Apoio a persoas en risco de exclusión en procesos formativos e laborais.