Estatutos

Coa denominación de ASOCIACION DIVERSIDADES, se constitúe unha entidade ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

A Asociación establece o seu domicilio social en Vigo, R/Velázquez Moreno, no9, Oficina 313, localidade de Vigo, provincia de Pontevedra, CP. 36201 e o seu ámbito territorial onde vai realizar principalmente as súas actividades é a Comunidade Autónoma de Galicia.