Un proxecto de empoderamento
O proxecto Vlasnyky mista – Donas da Cidade 2022 establece unha liña de empoderamento das mulleres nos ámbitos persoal, familiar e social, tomando responsabilidades, protagonismo na súa propia vida e capacidade de actuación autónoma, mesmo ante as posibles trabas procedentes da súa propia cultura, do seu contexto familiar ou do contexto social en que viven. Este desenvolvemento persoal e social non é posible sen adquirir conciencia de si e do carácter relativo dos roles de xénero, que deben ser modificados para a súa libre determinación.
Unha resposta ás consecuencias da guerra
De forma específica, fronte ao reto de incorporar mulleres dun do migratorio intenso, derivado da guerra, traballamos en crear pequenos grupos de apoio entre mulleres, de forma que poidan identificarse tanto nas súas perdas e carencias como nas súa fortalezas e posibilidades, dando prioridade a estas últimas como forma de superar individual e colectivamente as primeiras. Mesmo exploraremos a posibilidade de crear formas de soporte individual, a través do voluntariado, de muller a muller.
Accións a desenvolver
A ) Servizos de orientación e información: 10 de xaneiro ao 31 de decembro 2022
b) Servizo de Atención Psicolóxica
Atención psicolóxica individualizada: 10 de xaneiro ao 31 de decembro 2022
Obradoiro de autoestima e empoderamento: 5 ao 30 de setembro de 2022
c) Servizo de asesoramento xurídico
10 de xaneiro ao 31 de decembro 2022
d) Servizo de mediación intercultural e/ou familiar.
10 de xaneiro ao 31 de decembro 2022
e) Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade
Obradoiro de autoestima e desenvolvemento das habilidades sociais: Setembro de 2022
Obradoiro de lingua e cultura española para mulleres inmigrantes: Setembro, outubro e novembro de 2022
f) Servizos ou medidas de orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego
10 de xaneiro ao 31 de decembro 2022
Obradoiro de busca de emprego Maio e xuño de 2022
g) Formación sobre a igualdade de xénero
Outubro, novembro e decembro de 2022