
Necesidade social
Partindo desde un enfoque de recoñecemento de dereitos e garantía de igualdade de oportunidades, desde a Asociación de Migrantes de Galicia – AMIGA e a Asociación Diversidades traballamos co obxectivo de facilitar a integración das persoas en situación de especial vulnerabilidade, especialmente no caso das persoas migrantes e solicitantes de protección internacional, por partir de realidades tan diferentes das da sociedade de acollida e descoñecer os funcionamentos da mesma.
Nun contexto onde as migracións ao noso país van en aumento e os perfís migratorios son tan diversos, vése necesaria a posta en marcha de accións de mediación intercultural, co fin de facilitar a accesibilidade das persoas migrantes aos servizos públicos (educación, saúde, servizos sociais, vivenda ou emprego) e de fomentar a convivencia e os espazos interculturais, de maneira que o colectivo acade unha plena integración na sociedade da acollida, nun contexto de enriquecemento bidireccional.
Obxectivos
- Detectar as necesidades específicas de cada persoa usuaria, atendendo tanto á demanda principal como ás necesidades encubertas.
- Posibilitar o coñecemento dos mecanismos sociais da sociedade de acollida, dos recursos existentes e dos dereitos e deberes. 3) Facilitar o acceso aos diferentes servizos e administración públicas.
- Facilitar a comunicación entre as persoas migrantes e as diferentes institucións.
- Promover a participación da poboación migrante na sociedade de acollida.
- Fomentar espazos de convivencia e interculturalidade, creando un clima favorable á expresión da diversidade cultural e contribuíndo ao establecemento de redes de apoio.
- Promover a igualdade de oportunidades e a integración sociolaboral de persoas migrantes e solicitantes protección internacional.
- Promover a participación do voluntariado en todas as áreas do programa e a cooperación coas Administracións Públicas especialmente cos equipos técnicos comarcais do Consorcio Galego de Benestar Social.
- Fortalecer o traballo en rede entre diferentes entidades.
Accións a desenvolver
Información e orientación básica
Accións de mediación intercultural
Xestión de voluntariado
Accións de sensibilización
Accións de difusión
Accións transversais de xénero
Financiado por

