
Desde o 2017 a Asociación Diversidades forma parte de Red Acoge, federación enfocada no traballo coas personas inmigrantes, refuxiadas e apátridas, dando unha importancia especial á sociedade que lles acolle e a un enfoque de traballo a favor dunha migración digna, protexida, segura e regular.
En abril do 2020 inauguramos un Centro de Acollida Temporal para solicitantes de protección internacional, con capacidade para 20 persoas, subvencionado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións (MISSM) . O sistema de acollida lévase a cabo mediante itinerarios personalizados que promoven a integración social e a autonomía das persoas destinatarias para minimizar as dificultades de inserción social e laboral na sociedade de acollida.

¿Qué facemos?
Levamos a cabo catro proxectos de intervención destinados ás personas solicitantes de protección internacional, co apoio dun equipo de traballo multidisciplinar que abarca diferentes áreas de intervención : xurídica, social, psicolóxica e laboral.
O proxecto AIA, dirixido á creación e mantemento dos dispositivos de acollida, ten por obxectivo a cobertura de necesidades básicas e sociosanitarias, así como o acceso a unha vivenda digna, aprendizaxe do idioma, orientación laboral e formativa, atención psicolóxica, social e xurídica.
O proxecto AIA-E, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, está dirixido específicamente á inserción laboral no país de acollida, para o que se realizan accións de información, orientación e asesoramento así como unha valoración e diagnóstico previo para desenvolver un plan de intervención individualizado que permita o acceso a formacións ocupacionais que favorezan o acceso ao mercado laboral.
O proxecto AIA-I, cofinanciado polo Fondo de Asilo, Migración e Integración, ten por obxectivo conseguir unhas condicións de habitabilidade adecuadas ademáis da dotación dos recursos necesarios para a correcta xestión do programa.
O proxecto AIA-III, dirixido a creación e mantenimiento de recursos para a atención integral e especializada con grupos vulnerables. Para iso trátase de impulsar e implantar as estratexias de intervención necesarias para o desenvolvemento dos seus itinerarios de integración.




Queres ser voluntario/a e colaborar neste proxecto? Contactanos!