O mar da nosa terra

O mar da nosa terra

Se había algo que non podíamos obviar ao facer saídas de contextualización era o mar, ese ben preciado que ocupa un lugar no corazón de todo galego/a. Para os que tivechedes a oportunidades de visitar o monte de Santa Tecra, saberedes que pódese apreciar a unión do río Miño co océano Atlántico. Ademáis, tivemos a sorte de contar cun día moi despexado.  Despoís do album de fotos que fixémos con esas vistas, visitamos de primera man os castros dos antigos celtas e finalmente puidemos almorzar en forma de picnic nos merendeiros do monte.

Iso non foi todo, seguindo a nosa costa, fixemos una parada en Baiona onde os máis cativos puideron xogar no parque do parador e, os máis adultos disfrutaron dun partido de futbol nunha das praias. Non faltou tempo para mollar os pés na praia que, xunto co tempo da estación na que nos atopamos máis a doente temperatura do noso mar, moitos saíron correndo para poñer os pes a bo regardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará