Category Archives: Varia

  • 1

Competencias Clave

Este sábado 23 de maio a Asociación Diversidades desprazouse a Silleda para asistir á realización dos exames anuais dé Competencias- clave, convocadas polo Instituto Galego das Cualificacións da Consellería de Traballo e Benestar.

Un total de once persoas de sete nacionalidades realizaron as probas de nivel dous e unha as de nivel tres. Delas, dez acudiron a Silleda nun autobús financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, outra persoa desprazouse cos medios dunha entidade social e unha última, nun vehículo particular. Acompañaron a xornada a coordinadora das clases de Lingua Española para Mulleres Estranxeiras, Belén Arranz, e o coordinador de Competencias-clave, Santiago G. Avión.

  As probas de Lingua Galega, Lingua Española e Matemáticas desenvolvéronse conforme ao previsible, con maior dificultade para o razoamento matemático. Sen embargo, foi a proba de Lingua Inglesa a que presentou unha dificultade inusual. A presenza dun texto redactado en pasado, inzado de verbos irregulares, complicaba a resolución do exercicio. Ademais, o texto proposto para redactar trataba sobre a reserva dunha mesa nun restaurante, lonxe das presentacións individuais e familiares ás que estamos habituados.

  A pesar destas dificultades, temos a confianza plena en que unha maioría do alumnado vai superar o conxunto das probas, para poder seguir avanzando no seu itinerarios de inserción sociolaboral.


  • -

2014 in review

Category : Varia

The WordPress.com stats helper monkeys prepared a 2014 annual report for this blog.

Here’s an excerpt:

A San Francisco cable car holds 60 people. This blog was viewed about 950 times in 2014. If it were a cable car, it would take about 16 trips to carry that many people.

Click here to see the complete report.


  • -
O grupo LdV Mobility Project no CPI O Toural de Vilaboa

LdV Mobility Project en Atlántico Diario

Category : Varia

http://www.atlantico.net/articulo/vigo/mediadoras-sociales-rumania-visitan-foanpas/20141012003141440575.html

Un grupo de cinco profesionales de los servicios sociales procedentes de Rumanía visitan estos días a los responsables de la Federación de asociaciones de madres y padres de Vigo, Foanpas, dentro de un programa europeo para la formación de mediadores sociales. Las mediadoras visitaron un centro educativo para conocer el trabajo de las asociaciones de padres y mañana acudirán a un comedor escolar y por la tarde irán al centro Ramalladas de terapia asistida con perros.

Fotonoticia-Atlantico-Diario-2014-10-12


  • -

Precisións sobre Un puente hacia el futuro

Category : Varia

Celeste, en Postemirón -Fotografía: La Voz de Galicia

Celeste, en Postemirón -Fotografía: La Voz de Galicia

Vilaboa. 21-07-2014. Ante a información publicada polo Diario de Pontevedra o día de onte titulada en portada “Celeste, la primera gallega de etnia gitana en terminar la ESO”, a Asociación Diversidades quere facer as seguintes precisións:

En primeiro lugar queremos agradecer a o Diario de Pontevedra a súa sensibilidade ao tratar de forma positiva a cuestión da escolarización da poboación xitana. Ese agradecemento convértese en felicitación nos seguintes aspectos da información de onte domingo:

  • “Un puente hacia el futuro” é un titular suxestivo, que recoñece o esforzo individual e que proxecta colectivamente un esforzo educativo que debería universalizarse nos próximos anos.
  • “Ejemplo a seguir”. O encabezado da noticia axuda a situar a importancia do exemplo de Celeste Gómez.
  • “Esta joven de 18 años anima a las familias del colectivo gitano a escolarizar as sus pequeños y apoyarlos en sus estudios”. Raspaldando así ese nexo entre o individual e o colectivo.

Sen embargo, cremos que hai algunhas informacións incorrectas no artigo. Concretamente:

  • Celeste Gómez é a primeira xitana de Vilaboa en rematar a ESO, como aparece recollida na web da Asociación Diversidades (www.diversidades.org). Sen embargo, afortunadamente non é a primeira xitana galega en completar os actuais estudos obrigatorios. Noutras localidades producíronse con anterioridade logros similares. O que carece de precedentes é un logro así nun contexto precario como o que rodea a Celeste, por iso o describimos como un éxito sen precedentes.
  • Belén Arranz, a pesar do seu rol de mediadora, non é unha persoa da comunidade xitana, senón unha mediadora intercultural da Asociación Diversidades, experta en inmigración, inclusión social e políticas sociais.

Existe outra cuestión que resulta opinable desde o noso punto de vista:

  • Non coñecemos a personalidade xurídica do colectivo denominado “Sociedad Gitana de Galicia”, nin o contido da súa comunicación co vicepresidente da Xunta. En troques, existen propostas encamiñadas ao éxito escolar da comunidade xitana xa asentadas na nosa comunidade, como a da propia Asociación Diversidades en Vilaboa, o programa Promociona da Fundación Secretariado Gitano, sendo Pontevedra a primeira cidade de Galicia onde se implantou o programa e se lograron os seus obxectivos, ou o programa de escolarización da Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo. Non se trata xa de “programas piloto”, senón de experiencias reais e efectivas de educación e formación integral para as persoas xitanas en Galicia.
  • En relación directa con esa cuestión, consideramos que a consulta de outras fontes accesibles, como son a Asociación Diversidades ou a Fundación Secretariado Gitano evitaría erros como os que recollemos no segundo punto destas precisións.